Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

Contribuíndo a programas e proxectos

Axuda e contribúe con que fai de este mundo un lugar mellor (para ti)

[english version][English]

Esta mañán ia correndo un pouco e pensando en cómo ia ser, ou cómo ía afrontar, a carreira popular do próximo domingo. Participar en ese evento festivo, lúdico e deportivo costoume 5€. A min paréceme un prezo razoable para pasar unha mañán por ahí compartindo camiño con un par de centos de persoas que teñen a mesma afición.

Dixen eu, ben podería darlle uns euros a quen durante tantas horas ao ano me acompaña?

Contribuíndo

En esos momentos ía tamén escoitando o último podcast de Club de Jazz e fixo un recordatorio sobre a campaña #HaztuyoClubdeJazz. Xa teño contribuído, e esta é a época do ano en que normalmente fago algunha doazón a proxectos de software libre, aplicacións e servizos que a min me facilitan a vida de xeito gratuíto ou simplemente me dan placer, como El Club de Jazz.

É habitual que as persoas que desenvolven teñan unha ligazón na súa web ou nos perfís de redes sociais a páxinas onde se xestionan estas doazóns. Podes contribuír co que costa un café (un par de euros) ou pagarlle unha mariscada (o que ti estimes oportuno), calquer cantidade estaralle dicindo aos desenvolvedores que hai ahí alguén a quen lle importa o suficiente o seu traballo como para darlles cartos, será unha forma de dar as grazas. Tamén lles axudas a pagar as facturas :D

Non veño pedindo cartos para ningún proxecto concreto ou programa de radio, veño a dicirche que des as grazas e axudes si podes e queres a quen creas que o merece. Podes axudar tamén:

  • divulgando o seu traballo
  • explicándo e axudando a outras persoas a utilizar esa aplicación ou servizo
  • reportando fallos
  • traducindo
  • mercando merchandising ou produtos da súa tenda
  • aportando ao código se estás cualificada

Ti axudas ou contribúes de algún xeito con proxectos de software libre? De qué outros xeitos se pode axudar a quen fai o software libre, difunde cultura, defende dereitos sociais, bota man de quen non ten nada, fai lobby ante os políticas con causas que compartes, ...

Podes utilizar a túa conta no #Fediverso para comentar desde alí esta publicación (que para eso federamos!)

[English]

Help and donate

TL;DR

I was running this morning, training for a local club race, and listening one of my favourite #podcast programs Club de Jazz. If I can spend five euros to take part on this race, sure I'm able to put some in the pockets of developer whom make life easier for me.

This way we are telling them we are thankful and of course paying the bills :D

We can contribute not just with money, any amount counts, but:

  • telling other people about their work (NGO associations, free software, aid institutions, local clubs, ...)
  • helping other people to use their software or services
  • reporting bugs
  • traducindo
  • buying merchandising or products
  • even coding yourself

What projects or services are you contributing to? I'll appreciate if you comment here your fediverse account elsewhere (that's federation for!)

CC BY-SA