Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

Fotografías no outono

fotografías tomadas durante unha camiñada

fotografías tomadas durante unha camiñada

Creo que fago as mesmas fotografías cada ano cando en outono paseo por este camiño na porta da casa.

camiño en outono

Ves conmigo?, é por aquí.

Ao inicio temos este pequeno carballo americano, moi fermoso con estos tonos laranxa.

carballo de follas amarelas

A codia do tronco é lisa e suave, non sei si con oitenta anos terán o aspecto como os de aquí (ver abaixo). detalle tronco Probablemente o seu destino sexa para madeira, non como o propio.

Primeiro plano da flor (é unha flor propiamente dita?) dunha herba no arró. espiga herba

Entrando xa no pequeno bosque recíbenos alfombrado o camiño de Crocus (probablemente Crocus serotinus) alfombra de crocus

Nos bosques son abondosos así tan florecidos en esta época do ano (novembro) pequeno grupo de crocus

Este semella máis orguioso e está ergueito pequeno Crocus

Tras atravesar o un par de leiras de pinos, alfombradas de isca, herba baixa frondosa e pequenos cogumelos, chego de volta a un camiño baixo un souto. Xa hai semanas que as castañas se colleitaron, pero ourizos e a folla caída estran o camiño. Materia orgánica que segue o ciclo da vida. camiño a beira do río Tambre

Detalle da capa grosa que se forma no camiño ourizos e follas

Fieitas, a escasos metros do río fieitas

Os carballos autóctonos tras decenios de vida, teñen este aspecto. Un pouco máis adiante no mesmo camiño. carballo Quercus robur

Castaños e carballos son as árbores de Galicia. Piares da economía de subsistencia durante séculos follas do castiñeiro un xove castiñeiro loitará por chegar a luz a próxima primavera

proporcionando alimento para animáis (landras) e persoas (castañas) antes da chegada da pataca, material de construción, para aparellos de labranza, útiles para a casa, ferramentas para traballo, combustible para cociñar e quentar o fogar.

follas do carballo

Un respeto.