Riot 1.0

ao fin Riot alcanza a versión 1.0 cunha renovación completa

Riot - chat

Finalmente temos a versión 1.0 do cliente para a rede Matrix máis coñecido Riot, con versións para escritorio, navegadores e móbiles.

Podes ler as notas de lanzamento

Aquí un par de imaxes que mostran, como exemplo, a pantalla de inicio da interface web:

anterior

riot web 098

versión 1.0

riot web 1.0

Máis alá do cambio estético inclúe profundas modificacións no seu código para facelo máis lixeiro, rápido e fiable segundo prometen as desenvolvedoras.

Depedendo do tipo de usuaria que sexas ou o entorno de traballo no que te atopas a mensaxería instantánea sobre Matrix preséntase como unha alternativa a Slack con todas as ferramentas habituais de grupos de traballo, cifrado, chamadas e conferencias de vídeo.

Personalmente (debido ao tipo de usuario que son) atopo máis útil e eficiente as conversas sobre XMPP/Jabber mais Riot funciona perfectamente.

Cal é a túa elección?