Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

Criptonomicon - Neal Stephenson

matemáticas e buscadores de tesouros!!!

Reseña recuperada do antigo blog


Autor: Neal Stephenson

portada

Neal Stephenson estase a converter nun deses autores dos que confías en que o que escribe che vai a gustar. Só lin dous libros, este do que falo aquí, e La era del diamante. Como se ve na reseña que fixen no seu momento, paseino moi ben lendo o primeiro e non foi menor o disfrute con este segundo.

O problema, personal, con este libro é que non me gustaba o título. Vaia tontería!, pero así foi que malia estar recomendado por calquera que disfruta de ler, a min non sei que me pasaba co título que me parecía que ía tratar sobre algunha secta con oscuros designios ou así. Nada que ver. Pero esto pásame por intentar non ler demasiadas opinións sobre os libros que se escriben. Afortunadamente, salvei esos prexuizos e púxenme a ler.

Resumindo moito a historia, a novela trata por unha parte sobre cómo un grupo de personas se encargaba de descifrar as mensaxes do inimigo durante a IIGM (así como de protexer os propios) disimulando para que este inimigo non se enterase de que lle pillaran o truco. En esta parte mistúranse personaxes que existiron realmente en ese contexto, e fixeron dito traballo, con outros ficticios pero que conxuntamente crearon as condicións para que o seu traballo tivese influencia varias décadas despois na vida de buscadores de tesouros e na de criptoanalistas e informáticos que tiran proveito do coñecemento de xeracións de matemáticos para crear un sistema de moeda virtual. Esto é moi resumido, e non destripo a historia, pero ademáis resulta que os novos son da familia dos vellos.

Antes de nada, e para que conste:

a guerra é a miseria máis grande que hai. Nega ao individuo como tal, quítalle todo o que o define e redúceo ao nivel dun parafuso nunha máquina. No libro non se obvia esta miseria.

Pero o libro non deixa de ser optimista

O importante do libro, na miña opinión, non é a trama, da que incluso podería criticar certos aspectos, se non que é o xeito tan marabilloso en que é aproveitada para contarnos a importancia do descifrado das mensaxes do inimigo durante a guerra, de quen foron os encargados de facelo e qué ferramentas utilizaron: as matemáticas.

Uns dos primeiros capítulos é como unha porta as matemáticas, como unha invitación a saber máis, a ver o sentido real das matemáticas. As matemáticas existen ou son só un invento?

[…]pero eso planteaba la pregunta de si la matemática era realmente «verdad» o no era más que un juego con símbolos.

Os personaxes “explícanse” unha breve historia da matemática e de cómo foi aumentando o nivel de abstracción ate chegar a situación actual (que só é un paso máis, por suposto) onde contamos con certas ferramentas que personas privilexiadas e moi traballadoras foron inventando, que non descubrindo, durante os últimos séculos.

Una vez que habías conseguido descubrir la matemática de una situación, ya lo sabías todo y la podías manejar para alegría de tu corazón simplemente con un lápiz y una servilleta.

En este eido, a WWII, como todas as guerras, foi un pulo para o avance tecnolóxico en moitos ámbitos, entre eles o desenvolvemento do cálculo mediante máquinas. Moito do traballo aínda tiña que ser feito a man por personas en lugares como Bletchley Park. As máquinas deseñáronas personas como Alan Turing, omnipresente tanto neste libro como en La era del diamante, como artífice dos conceptos matemáticos que propiciaron a chegada das tecnoloxías da información. Estoume a deixar levar e non centrándome no libro, pero en esta novela vemos analoxías para explicar cómo funcionan as computadoras, e a súa lóxica interna, que o autor utilizou en La era del diamante e tamén podemos ver en libros como The three body problem.

O que non esperaba son algúns capítulos con un tono tan humorístico. O personaxe do Marine Doug e tamén o de Waterhouse coas suas circunstancias son ben aproveitadas para manter un tono ameno, con humor sutil e irónico pero moi efectivo para atraer ao lector e facerlle máis atractivos os personaxes para empatizar con eles.

Na procura de tesouros

Toda esa matemática ten múltiples aplicacións. Os netos dos protagonistas vense envoltos, case sen querer, con xentes de negocios de alto risco que queren tirar proveito das súas habilidades.

A novela intercala capítulos en unha e outra época e os personaxes teñen tempo para filosofar sobre temas éticos, explicacións sobre cómo funciona o mercado financieiro e de divisas, o sistema de comunicacións actual por fibra óptica, a seguridade e privacidade informática, sobre a necesidade de ser aceptado socialmente, e moitos máis. E se fantástico foi o capítulo de iniciación a matemática, non queda atrás unha teogonía en cinco minutos perfectamente insertada na historia para explicar determinados problemas que lle xurden a un personaxe. Si, a novela é larga, pero non podes deixar de ler.

Sobre o título…

Habla un poco de un tipo inglés llamado Wilkins, y de un libro llamado Criptonomicón que se escribió hace unos cientos de años

Esto é novelado, pero é a simple explicación do mesmo pero que a min me privou de ter lido a novela hai moitos anos. Que non che pase o mesmo 😉

Ligazóns

Sobre Alan Turing en NG.

Sobre Enigma e criptografía en youtube

Historia da computación automática canal Historia en youtube


Fotografía superior: https://unsplash.com/photos/O3U6MqVi_p8