Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

El último deseo

primeiro volume da saga do bruxo Geralt, de Rivia

Título: El último deseo. (Saga do Bruxo)

Autor: Andrzej Sapkowski, wikipedia

portada, en epublibre

Sinopse

Geralt de Rivia, brujo y mutante sobrehumano, se gana la vida como cazador de monstruos en una tierra de magia y maravilla: con sus dos espadas al hombro —la de acero para hombres, y la de plata para bestias— da cuenta de estriges, mantícoras, grifos, vampiros, quimeras y lobisomes, pero sólo cuando amenazan la paz. Irónico, cínico, descreído y siempre errante, sus pasos le llevan de pueblo en pueblo ofreciendo sus servicios, hallando las más de las veces que los auténticos monstruos se esconden bajo rostros humanos. En su camino sorteará intrigas, elegirá el mal menor, debatirá cuestiones de precio, hollará el confín del mundo y realizará su último deseo: así comienzan las aventuras del brujo Geralt de Rivia

Geralt, de Rivia

O bruxo Geralt ten por profesión dar caza ou espantar as criaturas fantánticas que abundan no mundo da novela. Conxuros e maleficios forman parte tamén de este universo onde os humanos sufren a molestia de estas criaturas. Contratamos a Geralt para librarnos delas.

Nun estructura social de características feudais e unha tecnoloxía que podemos considerar preindustrial, Geralt vagamundea polos camiños de vila en vila buscando clientes. Neste vagar atopar amigos e tamén ten encontros menos afortunados, algúns solucionanse cun pouco de esgrima e boxeo e outros requiren inxenio e un pouco de sufrimento personal.

A novela consta de varios de estos sucesos de Geralt, relatos case independentes, sen orde cronolóxica pero co fío común de presentarnos o mundo da novela, as súas regras e as criaturas que viven nel.

A dificil nenez e adolescencia de Geralt, coas circunstancias personais e o adestramento para ser bruxo, van proporcionándonos as claves para entender o seu proceder e o tipo de relacións que establece cos outros personaxes.

El último deseo

A novela toma título do último dos relatos, onde se nos desvelan varias claves das relacións entre personaxes e de forma máis intensa coñecemos sobre a personalidade de Geralt.

Ademáis, preséntase polo miúdo a Yennefer de Vengerberg, un dos personaxes que sen dúbida formará parte dos seguintes capítulos da saga.

Yennefer, wikimedia

fonte, wikimedia

Toda a historia está escrita nunha linguaxe cercana, os diálogos toman un rexistro de conversa coloquial, pero de xeito coidadoso, fiando moi ben tanto os capítulos aparentemente independentes como as descricións ocasionais que van debuxando o decorado de fondo. Un mundo natural, con bosques e ríos cheos de historias para descubrir.

...continuará.


Crédito da imaxe superior "The Witcher 3" by Wake Up Freeman is licensed under CC BY-NC 2.0