Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

El cielo de piedra - N.K. Jemisin

terceira e última parte de "La tierra fragmentada"

Nos han contado historias de que el mundo era diferente hace mucho tiempo. En el pasado, las ciudades no solo estaban muertas al ser junglas de piedra y metal que no crecían ni cambiaban, sino que también eran mortíferas de verdad: envenenaban el suelo, hacían que el agua no fuese potable y hasta cambiaban el clima con su mera existencia.

Título: El cielo de piedra (2016, The stone sky)

Autora: N.K. Jemisin

imaxe da portada web autora

El cielo de piedra, portada

A voz narradora sempre mantivo un diálogo con Essun (e con Sienita e Damaya), pero nesta última parte da novela asume un papel máis activo como protagonista. Cóntanos a súa propia historia, pois dela xurde o presente que nos ocupa. A súa propia transformación, as súas circunstancias personais e o mundo no que tivo que tomar decisións (ver cita superior) modelan -literalmente- o mundo presente da novela.

Aínda resultando unha unidade, esta terceira parte da triloxía La Tierra fragmentada ten un carácter diferente das anteriores. Sen minusvalorar as outras, aquí todo cambia a un ton reflexivo que aínda a fai máis interesante. Os personaxes reflexionan sobre a natureza das decisións e as responsabilidades sobre as súas consecuencias.

Quizais nas primeiras os personaxes eran arrastrados pola onda dos acontecementos, reaccionando ante os mesmos por forzas que non controlaban. Nesta parte final, toman conciencia da súa responsabilidade e teñen que sopesar as consecuencias dos seus actos.

Ecoloxía

Na cita que inicia o artigo queda moi clara a analoxía co mundo no que vivimos, pero durante toda a novela aparecen reflexións semellantes respecto da sustentabilidade da vida no planeta, sobre a falta de respecto hacia a propia vida e, dun xeito semellante a Gaia, aquí o planteta adquire natureza e consciencia propia para defenderse da agresión sufrida.

Relacións de poder

Pero los conquistadores son precisamente los que más se asustan o los que hacen gala de un miedo más característico. Son personas que no dejan de ver cosas donde no las hay por miedo a que sus víctimas algún día les hagan lo mismo a ellos

En El portal de los obeliscos esta cuestión era parte importante da súa temática, non só entre persoas, se non entre pobos ou civilizacións. Aquí o carácter xeral da novela fai que estos diálogos encaixen mellor, case sempre na voz narradora, facendo un intento de profundizar na natureza dos conflictos.

Maternidade

Deixamos as dúas mulleres protagnistas en rumbo de colisión ao fin da segunda parte. Distanciadas fisicamente, as dúas consideran a súa relación e cómo o destino fixo que se distanciasen. Sofre Essun máis polas -inevitables- decións tomadas, mentras Nassun busca o fogar perdido, ese lugar seguro que nunca tivo (emocionalmente).

Rompendo moldes

Unha muller, escritora e negra, escribe unha novela onde o oitenta por cento dos personaxes son mulleres, que son as protagonistas en tódolos sentidos da palabra (teñen a responsabilidade). Tamén, as persoas (humanas) teñen aspecto físico moi determinado, descrito con detalle para caracterizalos, e debo dicir que en La Quietud hai de todo menos homes brancos con metralletas salvando ao mundo e ás damas en dificultades.

Do mesmo xeito que coas razas, trata as relacións personais e de parella. As diferentes relacións afectivas e sexuais descríbense con naturalidade e son integradas sen costuras na novela, non están en cuestión, nin son analizadas ou tidas en consideración por parte de ningún dos outros personaxes, simplemente son descritas do mesmo xeito que a chuvia de cinza ou as ondas na costa de Meov.

Recomendable?

Si.

Alégrome de ter lido durante a corentena estas novelas, porque a autora foi quen de contar unha aventura dentro duns parámetros socioculturais diferentes aos estándar, tratando os temas de toda a vida con naturalidade e sen seguir os prexuizos establecidos na cultura usamericana. Tamén para esto serven a ciencia ficción ou a fantasía.


CC BY-SA