Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

El corredor que llevamos dentro - The inner runner

por Jason R. Karp

Título: El corredor que llevamos dentro (The inner runner)

Autor: Jason R. Karp

portada

portada, desde a web do autor

Esta reseña será breve. Buscando libros sobre saúde, correr, motivación, ... na biblioteca pública dixital atopei este traballo de Jason R. Karp

Sempre me costa dar unha opinión negativa acerca dun libro, porque respecto moito aquelo que alguén poida atopar nel. A min este non me aportou nada. Paréceme un panfleto de autocomplacente para persoas que corren.

Creo que non axudou tampouco a tradución, pero igual o orixinal está escrito do mesmo xeito.

Se alguén busca reencontrarse coa carreira a pé, se só precisas un pequeno empurrón para erguerte do sofá, pode tamén resultar útil para recomendarllo a alguén que non corre, para que vexa a marabilla que é poder correr, que vivimos no país da piruleta, non nos facemos vellas, nin enfermamos, temos a cabeza ben amoblada, ... Se así fose, ben vido sexa.


CC BY-SA