Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

Escritos fantasma - David Mitchell

GHOSTWRITTEN, David Mitchell 1999

Título: Escritos fantasma (Ghostwritten, 1999)

Autor: David Mitchell

portada

portada, na wikipedia

O libro consta de dez historias independentes, pero que se tocan. Fano dun xeito que fía coa idea que ronda en tódalas historias acerca do azar e as relacións entre os actos e as consecuencias, sobre se estas son inevitables, se forman parte dunha cadea prestablecida, quen controla (se alguén) ditos acontecementos, se podemos saír dela, ou siquera ter influencia nos acontecementos...

Imos arredor do mundo entrando na vida e mente dun personaxe principal como anfitrión do relato. Sexa unha persoa de ciencia cun grande poder para influír na humanidade, sexa unha persoa simple que vive no seu pequeno mundo, cada personaxe mostra o xeito en que se adapta e intenta levar adiante a súa vida.

Algúns relatos son trepidantes, case compartindo a paranoia do protagonista. Outros son máis relaxados, pero se cadra máis profundos, pois a través da simpleza do protagonista afondamos máis nas raíces das cousas importantes da vida.

Okinawa

o universo paralelo no que vive un adepto a unha secta, onde a vontade propia é substituída pola do líder. Delirante, se non fose realista.

Tokio

o autor mostra o seu amor pola música, o jazz en particular, grazas a unha historia iniciática na xuventude.

Neste relato, no de Londres, Hong Kong, pero en xeral en todos, o autor métenos na cidade presentádoa como un actor máis da trama. O carácter do lugar que impregna ou moldea ás persoas.

Hong Kong

captura de pantalla

un avogado chanchulleiro, en crise existencial, describe o paradoxo e o relativismo das relacións internacionais.

La montaña sagrada

unha das historias máis bonitas, a través dela coñecemos moito da historia China do século pasado, a miseria económica e o terror político.

Mongolia

o autor comeza a saír do carreiro marcado nos capítulos anteriores, e reaparece aquí un elemento interesante, un desos puntos de unión entre as historias que cobrará relevancia no final.

San Petersburgo

semellante a Okinawa no senso da irrealidade na que vive a protagonista, envolta en asuntos da mafia.

Londres

ademáis ser unha guía de viaxe de Londres, o autor mete o acelerador ó tema da predestinación e as consecuencias dos nosos actos.

Clear Island

aquí toma forma o tema da intelixencia artificial e os problemas éticos que xurden cando unha nova tecnoloxía ou ferramenta cambia a relación de forzas entre competidores, sexan persoas ou países.

Tren nocturno

finalmente revélase o produto do capítulo anterior, a través da propia IA asistimos á súa toma de conciencia e cómo nun diálogo cun humano segue a darse forma a si mesma a partir dunha programación básica inicial. Asimov? Si.

Metro

Teño que volver a ler esta coda final, que non entendín o seu significado ou o que aporta ó conxunto da obra.

Conclusión

libro moi agradable de ler, moi ben escrito/editado, con momentos de instropección e outros de humor, descritivo non só dos lugares físicos se non no plano emocional. Resultou desos libros que pillas un capítulo e non podes deixalo a medias.

Máis de David Mitchell


CC BY-SA