Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

La era del diamante - Neal Stephenson

Manual ilustrado para jovencitas.

Reseña recuperada do antigo blog


Autor: Neal Stephenson

La era del diamante

AVISO: por favor, non ler a presentación que fai Miquel Barceló a modo de invitación a ler o libro. Evita esas páxinas. É ridiculamente pedante e fixo que tivese tres meses o libro nun estante do mal gusto que me deixou. É coma esos trailers de película onde pretenden que vaias ao cine e o que fan é que teñas gañas de poñer Tele5.

Este libro resulta que pertence ao xénero do cyberpunk. A acción sitúase temporalmente nun futuro non demasiado afastado de nós (segunda metade do século XXI) e xeográficamente no sureste asiático. Concretamente arredor de Shang-Hai. Tecnolóxicamente poderíamos dicir que estamos nunha época na que tódolos aspectos da vida se ven modelados polo uso e manexo da nanotecnoloxía. Da enerxía non fala, pero TODO está íntimamente controlado e modificado polas aplicacións desta tecnoloxía: o control a nivel atómico da materia.

O libro comeza presentando certos personaxes de xeito inconexo pero sobre todo describindo o ambiente físico onde se desenvolve a historia. Esto fai que sexa difícil entrarlle ao libro. Polo menos a min, pois o esforzo que fixo o autor para imaxinar un mundo futuro e describilo enfróntase a miña capacidade para entendelo. Esto non é doado, xa sexa polas miñas limitacións (falta de imaxinación) ou polas do autor (falta de talento).

Afortunadamente, cando o libro pasa a centrarse nos personaxes mellora moito, probablemente porque é máis doado empatizar con un humano que con unha superautovía ou un compilador de materia.

Os capítulos, se así se poden considerar, están narrados e descritos desde o punto de vista de un personaxe da historia en cada un deles. Esto require habilidade no dominio da narración pois hai personaxes de moi curta idade, outros con un nivel cultural alto, outros máis vellos, distinto extracto social,... polo que ser constante no estilo e seguir a evolución propia do personaxe é unha tarefa de artesanía digna de mérito. O autor esforzouse neste aspecto.

Aproveita o autor a variedade de personaxes para utilizalos como vehículo para reflexionar sobre temas universáis que ao recoñecelos, os temas, fan que te sintas nun lugar máis próximo que nun futuro hipertecnolóxico e deshumanizado. A historia vai de personas, non de robots. O importante é o que contan e o que lles pasa as personas, non o ambiente no que acontece.

Mereceu a pena lelo.

Máis info sobre a trama do libro na entrada en Wikipedia


Como nota irrelevante, debo dicir que este libro lino en formato papel.

Imaxe superior: https://unsplash.com/photos/tMMapPBWK6o