Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

👣 Carballo 10K

carreira descalzo, que había xa tempo que non ía a ningunha

cartaz da carreira

Datos.

P: ¿Que é o importante nun 10K con distancia homologada?

R: Os datos.

datos carballo

Un circuíto virtualmente chan, bo día para correr e distancia homologada serven para ter unha referencia realista do teu nivel.

Como do domingo anterior saín ben parado, xa a primeiros da semana inscribinme para correr en Carballo, que había uns anos que non ía. Xa de paso aproveitei para correr descalzo 👣 unha competición, que de esto sí que xa non acordo (aínda que adestre case todas as semanas).

As persoas que corren en ruta son diferentes das de monte, polo que aproveitas para ver e saúdar a xente que hai moito que non ves.

Correndo.

Un pé diante do outro, así durante dez quilómetros.

eu correndo 10k carballo 2019

No inicio saín atrás de todo, como sempre, coa idea de non matarme moito e aproveitar o atasco para ir botándolle un ollo ao asfalto. O percorrido era todo polas rúas da vila e non presentaba ningunha dificultade para ir correndo, sen grava nen lixo.

datos10k

Así que saín tranquilo adiantando a xente, mais de seguido, na primeira baixada, comecei a por un ritmiño sostible.

Ía con dúbidas, sen ter feito quencemento nin nada, facía moito tempo que non corría unha carreira de estas e non sabía moi ben a qué ritmo porme a correr. Xa non a velocidade por quilómetro, se non o ritmo interno, as sensacións de esforzo que debía sentir. Fun un pouco deixándome ir e na segunda volta púxenlle un pouco máis de intención. O último quilómetro a tope, 4'15".

Ao estar afeito a correr no monte e durante máis tempo, fáltame moita intensidade para estas carreiras, creo que aínda que quixese ir un pouco máis rápido non sei canto máis podería, e aínda así non remataría asfixiado como cando realmente das todo.

Estivo ben, facía un día de sol suave para correr con gusto, bo ambiente de carreira popular.