Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

III Trail Mosteiro de Caaveiro

correndo no parque natural Fragas do Eume (Galiza)

A ruta

perfil perfil do trail

Resumindo: Baixas, patapúm parriba, baixas, multisaltos e algo de correr a beira do río, patapún parriba outra vez, e esprintar ata a meta.

ruta

Saíndo de As Neves (A Capela) baixamos por camiños e pistas con pouca dificultade técnica, únicamente tendo tino de non esvarar nas lousas. Afortunadamente o día amenceu con moi boa temperatura para ser o mes de novembro e sen chuvia nos últimos días, polo que o chan estaba en moi bo estado. Porén sempre hai auga e humidade, así que non se pode un desconcentrar moito.

Baixamos case ate o nivel do río e comezaba a primeira subida. Máis ou menos a metade era un zig-zag baixo o bosque, nunha ladeira empinada (como se ve nas fotos) onde tes que agarrarte con pes e mans para non esvarar e rolar. A pendente é importante e hai que collerlle o ritmo ao que podes subir sin asfixiarte. Incluso andando (como se vai aquí) pódeste asfixiar (metafóricamente) tal como aprendín ben cedo nesto dos trails. A verdade é que ía ben, e aproveitaba que é moi difícil adiantar sen estorbar a persoa que adiantas para tomar un minuto, recuperar, e pasarlle e poder ir ao meu ritmo ate que pillaba a outro grupiño.

Teño por costume saír dos últimos de todo no grupo, pero creo que si miro o aspecto competitivo, perdo moito tempo en estos primeiros quilómetros detrás de xente que ten medo indo polas corredoiras, os que non queren manchar os tenis (ou eso parece) e os que saen demasiado rápido e acabas adiantándoos moi pronto pero en lugares incómodos, como en esta subida. Nun lugar ancho e para correr non hai problema, pero non é cousa de bater en alguén e que poida caer el ou ti, non hai necesidade de facer esas cousas habendo tanto tempo e distancia para correr. Hai que respetarse.

A segunda parte da subida era máis aberta pero tamén con boa pendente. Desde a zona de saída/meta podíase ver esta especie de cortalumes mirando en dirección SO.

moi preto do cumio da 1ª subida, km 7

Pronto, xa baixando por un terreo semellante a subida (por camiños), estaba o primeiro avituallamento. Con membrillo, alpiste, plátano, laranxas, auga e jatorade, non había queixa ningunha. Cando corremos polo monte a organización sempre advirte de que é motivo de descalificación ir deixando lixo tirado. Son lugares que temos que respetar e deixar a menor pegada posible, e neste aspecto creo que imos mellorando (quen corremos) en comparación a outros anos.

Nun parque natural como o das Fragas do Eume, as restricións e avisos son maiores si cabe.

Correndo ribeira arriba no Eume

corredor diante miña correndo ao longo do Eume. km 14

Este tramo, que no perfil superior se ve tan quebrado, era propicio para desfrutar do lugar no que te atopabas. O río a dereita como compañía, algo máis caudaloso que en xuño, podías ir correndo ao xeito do corpo só tendo coidado de non afuciñar debido a unha raíz ou perder o pe nas pedras (deixando un nocello ou xeonllo averiados).

Xa só quedaba a última subida, que se inicia prácticamente a altura do Mosteiro de Caaveiro, que da nome a carreira e onde se situaba o segundo avituallamento. Sempre paso correndo por aquí, así que pola tarde vin facer unha visita turística (xa que coñecía o camiño...)

A subida novamente empinada, pero algo menos e por camiños transitables. Cando digo que é menos empinada é verdade, pero falamos fácilmente dun 20/25% (a ollo de ciclista). Carballos e soutos dannos acubillo.

Fermoso o rego de Sesín, con pequenas fervenzas, muiños, e saltando entre as rochas, coñecémolo máis calmo máis preto do seu nacemento unha vez rematamos esta subida.

Parque etnográfico A Capela (río Sesín)

río Sesín, parque etnográfico. km 18.5

Durante aproximadamente un quilómetro imos paralelos ao rego de Sesín que pasa xunto ao mosteiro máis abaixo. Aquí o seu cauce foi aproveitado para construír muiños, e aproveitar as súas marxes para a actividade humana (recollida de castañas, carboeiros, etc.). Na seguinte web temos unha explicación detallada e máis información: http://www.museodacapela.org/

Meta

E xa chegamos!! Nun plis plas plantámonos novamente na vila.

En esta zona, maiormente máis ao leste e do outro lado do río, corrín o Trail Fragas do Eume (en xuño), que xa sexa porque é máis longo, ten máis desnivel e fai máis calor (ou todo un pouco!!) facía que viñese a este con certo respeto e fixo que fose algo conservador coas forzas. Esto, si o ego cho permite, dache a oportunidade de desfrutar máis do entorno e a compañía, de ir sacando fotos, ... de desfrutar mellor do día.

Con este bo ánimo, sen levar un golpe e boas sensacións, cheguei ao pavillón onde tiñan a meta. A meta estaba dentro do pavillón 😂, xunto cos callos, embutidos, auga, cervexa (o peor do día), marmelo, queixo e demáis viandas para a xente da andaina, do trail curto e para os do longo.

As duchas estaban tamén ao lado, con auga do tempo 😂, así que todo foi moi cómodo desde o punto de vista do corredor. Si ademáis sumamos a sinalización perfecta da ruta, a seguridade controlando cruces de camiños, os avituallamentos abondosos e ben situados,... todo estaba para pasalo ben.

Ate a camiseta conmemorativa era xeitosa e agradable para este tempo fresco!!


Artigo orixinal