Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

XXXVI Carreira Popular de Amaía

👣 Compartindo carreira con Livia e Eloi

Clásica no calendario Galego

Un ano máis fun participar no evento que organiza o Concello de Brión na Carballeira de Santa Minia. Sempre hai gran número de atletas participantes nas categorías de menores (a demografía de Amés/Brión é a causa) que sempre da gusto velos correr. Entre eles este ano participaron Livia&Eloi 😄

rapazada_brion_2018

Novo circuíto

Este ano presentaban a novidade do novo circuíto de dúas voltas para cubrir unha distancia similar a anos anteriores (9,5km). A xente queixábase de que era demasiado duro, con moito desnivel, así que supoño que esta foi a razón do cambio. Ten a vantaxe de que tamén é máis doado controlalo en termos de seguridade e tamén ao pasar dúas veces polo mesmo sitio o público pode desfrutar máis do evento.

A organización da proba deseñou un novo circuito moito mais rápido, menos duro e mais vistoso. Así pois, daránselle duas voltas a un circuito de 4,75km (98% asfalto e 2% terra en bo estado) completando un total de 9,5km aprox.

Pola mañán non me sentía moi entusiasmado que digamos, incluso cansado, e ademáis choveu toda a mañán e ademáis foi o primeiro día frío de outono. Este era o panorama.

O plan era chegar cedo para ver correr os pitufos, dar unha voltiña por alí e na carreira non pecar de optimista. Que eu soupese non estaba enfermo así que xa me ten pasado que aínda non tendo moito ánimo póñome a correr co resto da xente e todo vai normal e pásoo ben. A experiencia é un grao en este sentido, pois poderíaste por nervioso ao sentirte regular. Hoxe en día xa me dan igual estas cousas. Si vou ben, pois perfecto; se non vou ben, pois a tomalo con calma e non mancarse.

Tamén, a parte de cómo me sentía, estaba o feito de que ao día seguinte estaba apuntado para correr un Trail de 27km. na Baña polo que tiña que ir con moito sentidiño e sen exhibicións.

Barefootrunning 👣

Decidín correr descalzo, que total máis ou menos coñecía o circuito (prácticamente asfalto) e non facía tanto frío como no inverno. En caso de chover, por mollar os pes un pouco non morreu ninguén 😉

O Problema

Saín atrás de todo por seguridade, baixamos a costa inicial e metémonos na primeira subida (a corta pero con desnivel). Aquí o asfalto estaba moi roto e con grava solta, pero son uns 300m. e tampouco me preocupou moito. Chegamos ao altiño e veña máis grava e asfalto aberto ate que pasamos as casas. Con esto non contaba, debían ser uns 700m. e tiña que ir moi incómodo e pasando como podía.

Despois a longa baixada, con asfalto fino e suave, onde podía relaxarme e enfriar un pouco os pés. Recuperar a postura e os apoios para ir relaxado.

Pouco me durou o descanso, pois xa antes de pasar por debaixo da autovía había novamente moita grava solta. Xa non sabía onde meterme. Ademáis de que me estaban empezando a arder os pes (ía ter blistering!) cada dez metros sentía a punzada de unha pedra mal pisada. Cada apoio era irregular e con temor a mancarme, e así ata a meta! e quedaba outra volta!

Cagheime no altísimo un par de ocasións, pero baixei a cabeza e intentei concentrarme no que me quedaba de carreira. Fun como puiden ate uns 500m. de meta e entón rendinme, baixei o ritmo completamente (tampouco é que correse moito antes) e rematei medio mosqueado.

Na XXXVI CP concello de Brión

Resumindo

Que non o pasei ben na carreira. Mira que é raro! pero foi así. Dorido, un par de ampoias, unha espiña clavada, tres moratóns de pedras... non coidei ben os pes. O ano pasado só había grava que reseñar nos 200m. de subida no inicio e pensei que este ano sería máis ou menos igual, pero non.

Polo demáis ben. Unhas fotos cos pequechos, moi bo ambiente, a tarde quedou soleada aínda que fresca e algo ventosa, mais non foi impedimento para desfrutar do bo traballo que sempre fai a organización.

O novo circuito a min non me aportou nada, nin bo nin malo (aparte a grava). Tampouco me parece mal, que xa digo arriba que ten as súas vantaxes, só que me resultou neutro.

Ao día seguinte en A Baña

Web oficial

https://carreirapedestredaamaia.blogspot.com/

Cartaz oficial