Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

XXXVII CP da Amaía - Brión

participando na festa das carreiras populares

Carreira Pedestre da Amaía

cartaz

Despois de que o ano pasado case esfolase os pés e quedase con malas sensacións, este ano fun preparado e corrín coas sandalias finas. As pobres están nas últimas e temía que se soltase o cordón, mais non, aguantaron.

Así puiden correr máis ou menos ao xeito, porque ando algo dorido do antepé esquerdo desde hai uns dez días. Pero como se acostuma a dicir...

unha mancha de mora con outra se quita

e poste a correr e comezache a molestar o xeonllo dereito, sin vir a conto.

Saín atrás de todo como sempre deixando ir o grupo. A intención era non cansarme moito, que ao día seguinte tocaba ir A Baña, pero tampouco me apetecía moito correr forte. Si que tiña gañas de participar no evento, ver correr os pequeniños, participar do ambiente de carreira popular tan bo que hai en Brión, pero nada de esforzos inútiles.

Fun con calma a primeira volta e xa comezando a subidiña da segunda cambiei de ritmo e corrín algo máis. Coa velocidade era como se o antepé e os xeonllos me molestasen menos, supoño que por pillar temperatura de funcionamento. O caso é que non tiven problema e puiden correr ao que daba, aínda que certo é que non estou preparado en absoluto para este tipo de probas, e así é complicado desfrutalas plenamente.

Como novidade dicir que renovaron o deseño da camiseta conmemorativa, que xa tocaba XD Por outra parte a carreira dos pitufos é un lío tremendo como sempre. A eles dalles igual porque van alí e pásano ben, pero aquelo semella o Apóstolo.

a nova camiseta

Crónica da xornada


CC BY-SA