Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

GPG, intregrar cifrado en xestor de ficheiros

engadir un menú contextual ao click do botón secundario para Nautilus e Dolphin

GPG integrado no escritorio (Linux).

Partindo de que xa tes as túas chaves GPG instaladas correctamente no teu sistema operativo, e utilizas un dos dous xestores de ficheiros máis habituais, con esta pequena guía poderás engadir unha entrada ao menú contextual que se abre cando pulsas o botón secundario nun ficheiro.

imaxe web programster.org

Nautilus

Xestor de ficheiros nautilus/gnome files, utilizado nas distribucións máis famosas e escrito e mantido por GNOME.

Referencia: https://blog.programster.org/nautilus-gpg-integration

Instala seahorse-nautilus utilizando o teu xestor de paquetes ou directamente nun terminal:

sudo apt-get install seahorse-nautilus

e reinicia nautilus

Dolphin

Xestor de ficheiros de KDE

dolphin

fonte: https://userbase.kde.org/images.userbase/thumb/0/0b/Dolphin.png/320px-Dolphin.png

Referencia: https://docs.kde.org/trunk5/en/kdeutils/kgpg/encryption.html

Instalar o paquete KGpg

keys kgpg

fonte: https://docs.kde.org/trunk5/en/kdeutils/kgpg/keys.png

Comparte este artigo utilizando o RT con calquera das túas contas ActivityPub