Important Notice: this service will be discontinued by the end of 2024 because for multiple years now, Plume is no longer under active/continuous development. Sadly each time there was hope, active development came to a stop again. Please consider using our Writefreely instance instead.

Non nos rastrexes!!

do not track us, info

Post de arquivo, 1 de Xuño 2012

DESACTUALIZADO!!!

backing up old post from wp

Non nos rastrexes!!

Esta mañá vin un correo electrónico de twitter onde se me informa de trocos na política de privacidade (entre outras cousas) e a adhesión de twitter a formar parte das empresas que ofrecen esta opición (bloquear o xeito en que recollen información sobre nos). Seguramente tod@s recibistes este correo. Lédeo ben, pois está escrito nun tono como quitándolle importancia ao asunto e "non te preoucupes moito por esto que so cho enviamos porque somos guais". Pero non, precisamente envíano porque é importante e vense obligados a informar.

O feito é que tras ver o correo tentei entender as implicacións do mesmo (con respecto a ese punto) e cheguei a donottrack.us que é a páxina dos promotores da iniciativa. Explican o fundamento da súa petición e informan a cerca das empresas que se van sumando a iniciativa e presionan para que TODAS ofrezan dita posibilidade.

Fundamentalmente afecta aos navegadores de internet. Un navegador de internet, entre outras funcións secundarias, é un recopilador de información para as empresas. Eso é así. Polo que se ben as empresas e páxinas web poden tentar recoller información que lles damos de forma máis ou menos consciente, os navegadores teñen acceso a TODO (everything, all) o que facemos en internet. Ainda que normalmente é irrelevante para quen recolle esa información que sexamos "fulanito" ou "pepito" o importante é que van creando un perfil como CONSUMIDORES. Consumidores non só de productos, que tamén, se non de información.

Aquí entran en xogo os americanos (como lles gusta ser chamados), os ciudadanos americanos. Lévannos vantaxe tanto no uso e comprensión de internet como sobre todo no asunto de dereitos civiles, así que xurden iniciativas como esta de DoNotTrack (wiki) para limitar a forma en que se recopila información sobre nos. Polo de agora esto non é unha lei nin nada, é algo así como un acto de boa vontade xuntarse a esta iniciativa. En España sería ridículo (como vemos cos bancos e o desafiuzamento) pero por ahí parece que quedas mal se non te unes (son moi mirados para estas cousas).

Para finalizar, na web do proxecto di cómo habilitar esta opción nos nosos navegadores. Uns póñeno máis fácil que outros, e como non, Google está perezoso, remolón, por dicilo suavemente. Algúns navegadores (Opera, Firefox,...) podes habilitar DNT de xeito transparente como unha opición máis. Pero en outros hai que instalar un complemento.

Tschüss!!

(*)ACTUALIZACIÓN: Chrome xa permite a opción DNT desde outubro de 2012.